miércoles, 2 de diciembre de 2009

DESEÑOS.....................





"CENTOLOMAN", PRIMEIRA REFERENCIA EDITORIAL DE REI ZENTOLO






O xoves 10 de Nadal se vos convida a asistir a presentación do banda deseñada “Centoloman”, editada por REI ZENTOLO, que se realizará as 20:00 horas na Fundación Caixa Galicia (Café Moderno) de Pontevedra.

Na presentación falarán Pablo “Zentolo”, editor; Rodrigo Cota, guionista, Jano, debuxante e Uxío Novoneyra, responsable de comunicación de REI ZENTOLO.

Centoloman” pretende ser o primeiro superheroi galego no senso marveliano, xa que, incluso antes de presentarse, posúe merchandasing dende fai 4 anos en versión camisola e camisola infantil e, proximamente tocaralle ao boneco de peluche. Tamén superheroi galego, que é o idioma no que fala e os valores do seu pasado profundo común, xa que posúe un carácter de fillo da historia irmandiña, nos dous sensos que se lle poden dar a ésta. No primeiro, pola súa sensibilidade a inxustiza, outro Robin Hood perseguido pola C.I.A, e, a vez, polo cuestionamento da capacidade propia, sen chegar a ser Albert Camus; ademais dun marcado ecocentrismo panteísta mariñeiro.

Éste vai ser o número 0, a primeira das muitas futuras publicacións sobre a súa historia.

Sobre unha personaxe de Rei Zentolo e unha idea orixinal de Pablo Zentolo, os encargados de elaborar esta primeira entrega son:

En canto ó debuxo, Jano, debuxante de prestixio recoñecido no mundo da ilustración, ten publicado varios álbumes de viñetas e conseguiu diferentes becas e premios polo seu traballo neste eido.

En canto ó guión, Rodrigo Cota, escritor pontevedrés que colabora asiduamente en varios xornais, gañador de varios premios de guión, negro ocasional e que ven de publicar recentemente “Colón, Pontevedra, Caminha

REI ZENTOLO, con “Centoloman” inaugura a súa liña editorial, na que tentará atraer a un punto medio as artes plásticas e a literatura, retornando ao espírito que posuían os creadores galegos nos anos 70, facer cultura galega, de avangarda, e que integre o diálogo de tódalas súas expresións.

Neste senso, xa están a traballar, na homenaxe a un referente desta idea de Galicia. A reedición do “Homenaxe a Uxío Novoneyra”, un gran libro-catálogo de arte, literatura e historia, que se presentará ao público co comezo do vindeiro ano das letras galegas do poeta para dignificar a súa memoria e a da súa xeración.





despois haberá licor café da terra!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!! "LICOR DA AVÓA"