miércoles, 2 de diciembre de 2009

DESEÑOS.....................





"CENTOLOMAN", PRIMEIRA REFERENCIA EDITORIAL DE REI ZENTOLO






O xoves 10 de Nadal se vos convida a asistir a presentación do banda deseñada “Centoloman”, editada por REI ZENTOLO, que se realizará as 20:00 horas na Fundación Caixa Galicia (Café Moderno) de Pontevedra.

Na presentación falarán Pablo “Zentolo”, editor; Rodrigo Cota, guionista, Jano, debuxante e Uxío Novoneyra, responsable de comunicación de REI ZENTOLO.

Centoloman” pretende ser o primeiro superheroi galego no senso marveliano, xa que, incluso antes de presentarse, posúe merchandasing dende fai 4 anos en versión camisola e camisola infantil e, proximamente tocaralle ao boneco de peluche. Tamén superheroi galego, que é o idioma no que fala e os valores do seu pasado profundo común, xa que posúe un carácter de fillo da historia irmandiña, nos dous sensos que se lle poden dar a ésta. No primeiro, pola súa sensibilidade a inxustiza, outro Robin Hood perseguido pola C.I.A, e, a vez, polo cuestionamento da capacidade propia, sen chegar a ser Albert Camus; ademais dun marcado ecocentrismo panteísta mariñeiro.

Éste vai ser o número 0, a primeira das muitas futuras publicacións sobre a súa historia.

Sobre unha personaxe de Rei Zentolo e unha idea orixinal de Pablo Zentolo, os encargados de elaborar esta primeira entrega son:

En canto ó debuxo, Jano, debuxante de prestixio recoñecido no mundo da ilustración, ten publicado varios álbumes de viñetas e conseguiu diferentes becas e premios polo seu traballo neste eido.

En canto ó guión, Rodrigo Cota, escritor pontevedrés que colabora asiduamente en varios xornais, gañador de varios premios de guión, negro ocasional e que ven de publicar recentemente “Colón, Pontevedra, Caminha

REI ZENTOLO, con “Centoloman” inaugura a súa liña editorial, na que tentará atraer a un punto medio as artes plásticas e a literatura, retornando ao espírito que posuían os creadores galegos nos anos 70, facer cultura galega, de avangarda, e que integre o diálogo de tódalas súas expresións.

Neste senso, xa están a traballar, na homenaxe a un referente desta idea de Galicia. A reedición do “Homenaxe a Uxío Novoneyra”, un gran libro-catálogo de arte, literatura e historia, que se presentará ao público co comezo do vindeiro ano das letras galegas do poeta para dignificar a súa memoria e a da súa xeración.





despois haberá licor café da terra!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!! "LICOR DA AVÓA"


lunes, 3 de agosto de 2009

ENTREVISTA FESTIGAL NOITE DO APOSTOLO 24/07




A véspera do Día da Patria estivemos no Festigal visitando o Stand de Radiofusión (Rede de Emisoras Municipais Galegas) na que nos entrevistaron co gallo da nosa presencia no mesmo, o lanzamento da liña "SHIRT GIGOLO Europa", a nosa política de acercamento as Casas de Galicia no exterior e mais cousiñas.

Agradecemolle dende eiqui o trato recibido a Elena, Manuel e todo o seu equipo.

Un saúdo

////////////////////////////////////////////////////////////////////////////////////////////


La víspera del Día da Patria estuvimos en el Festigal visitando el Stand de Radiofusión (Rede de Emisoras Municipais Galegas) en el cual nos entrevistaron con motivo de nuestra presencia en el festi,el lanzamiento de la línea "SHIRT GIGOLO Europa", nuestra política de acercamiento a las Casas de Galicia en el exterior y otros temas.

Le agradecemos desde aquí el trato recibido A Manuel, Elena y a todo su equipo.

Un saludo

lunes, 1 de junio de 2009

REUNIDOS CON RUSIA






O mercores 3, os compañeiros de SHIRT GIGOLO e YOBORDO estarán nuha reunión-showroom no recinto EXPOURENSE con importadores rusos e a Cámara de Comercio.

Que todo salia ben, rapaces!!!
www.shirtgigolo.com
www.yobordo.com

lunes, 11 de mayo de 2009

CONFERENCIA "A CREACIÓN DE MARCA"

O xoves 28 de Maio, no Centro de Deseño e Artes Plásticas Felicidad Duce, en Allariz Salva Zentolo e Pablo Zentolo darán unha conferencia sobre a creación de marca, explicando a traxectoria da súa empresa REI ZENTOLO S.L e o desenvolvemento das súas marcas. Mais información na ligazón: http://www.fdmoda.com i en WWW.REIZENTOLO.COM

martes, 28 de abril de 2009

REI ZENTOLO APOSTA POLO BODYBOARD GALEGO





Dentro da súa iniciativa de fomento dos deportes considerados minoritarios polo común da sociedade, dende a empresa REI ZENTOLO S.L. estase a comezar unha política de apoio a este tipo de deportistas, mediante patrocinios de imaxe coas súas dúas marcas, REI ZENTOLO e SHIRT GIGOLO.

O primeiro deporte en beneficiarse desta acción da empresa galega, senlleira polas súas camisolas, é a disciplina do “bodyboard”, coñecida de común por “corcho”, que consiste en deslizarse polo mar coa forza das ondas. É un deporte que permite moita movilidade e con unha larga lista de trucos para executar, que comezou a practicarse con táboas de madeira, ata que en 1971, Tom Morey, fabricou a táboa de telgopor.

Púxose de moda nos anos oitenta, sendo común dende aquela ver xente practicando este deporte polas praias.

Moitos “bodyboarders” comezaron a practicar este deporte en olas tan grandes e potentes como Pipeline, Teahupoo, Sunset, entre outras, nas que moitos surfistas tiñan problemas polas baixadas da ola ou simplemente porque lles partía a táboa, problema que os “bodyboarders” non tiñan.

A empresa REI ZENTOLO S.L. ven de desenvolver acordos de patrocinio da imaxe con representantes de tres xeracións destes deportistas galegos da praia.

Rubén Deza “Pincho”, de vinteseis anos, 35º Circuito mundial Open, 9º Circuito europeo Open, 3º Circuito estatal Open, e varias veces Campeon de Galicia Open.

Ciro Barcala, de vinte anos, xa subcampion estatal no ano 2006, e noveno no campeonato galego no 2008.

E, por último, Victor Vidal, unha pequena promesa de quince anos de idade, e que iste ano competirá nos circuitos estatal e galego, tanto na categoría Junior como na Open.