martes, 28 de abril de 2009

REI ZENTOLO APOSTA POLO BODYBOARD GALEGO





Dentro da súa iniciativa de fomento dos deportes considerados minoritarios polo común da sociedade, dende a empresa REI ZENTOLO S.L. estase a comezar unha política de apoio a este tipo de deportistas, mediante patrocinios de imaxe coas súas dúas marcas, REI ZENTOLO e SHIRT GIGOLO.

O primeiro deporte en beneficiarse desta acción da empresa galega, senlleira polas súas camisolas, é a disciplina do “bodyboard”, coñecida de común por “corcho”, que consiste en deslizarse polo mar coa forza das ondas. É un deporte que permite moita movilidade e con unha larga lista de trucos para executar, que comezou a practicarse con táboas de madeira, ata que en 1971, Tom Morey, fabricou a táboa de telgopor.

Púxose de moda nos anos oitenta, sendo común dende aquela ver xente practicando este deporte polas praias.

Moitos “bodyboarders” comezaron a practicar este deporte en olas tan grandes e potentes como Pipeline, Teahupoo, Sunset, entre outras, nas que moitos surfistas tiñan problemas polas baixadas da ola ou simplemente porque lles partía a táboa, problema que os “bodyboarders” non tiñan.

A empresa REI ZENTOLO S.L. ven de desenvolver acordos de patrocinio da imaxe con representantes de tres xeracións destes deportistas galegos da praia.

Rubén Deza “Pincho”, de vinteseis anos, 35º Circuito mundial Open, 9º Circuito europeo Open, 3º Circuito estatal Open, e varias veces Campeon de Galicia Open.

Ciro Barcala, de vinte anos, xa subcampion estatal no ano 2006, e noveno no campeonato galego no 2008.

E, por último, Victor Vidal, unha pequena promesa de quince anos de idade, e que iste ano competirá nos circuitos estatal e galego, tanto na categoría Junior como na Open.

lunes, 6 de abril de 2009

VAMOS A ESPONSORIZAR A UNHA NOVA PROMESA DO CORCHO PONTEVEDRÉS!





Dende a finde acordamos apoiar a carreira nas ondas deste rapaz, Víctor Abeigón, de 15 anos de idade, o cal promete ser unha figura no surf nos próximos anos.
Axudaremos a que asi sexa.

jueves, 2 de abril de 2009

O REI ZENTOLO ADQUIRE O CERTIFICADO"ABERTOS AO GALEGO" DA MESA POLA NORMALIZACIÓN LINGUÍSTICA



Que é o certificado Abertos ao Galego?

Abertos ao Galego é un certificado que se concede, en diferentes niveis, ás empresas, comercios, asociacións e entidades de toda índole que adopten e desenvolvan compromisos para a normalización do galego.


Quen se encarga do seguimento e avaliación?

A Mesa pola Normalización Lingüística, a maior asociación cultural de Galiza, con máis de vinte anos de historia ininterrompida, é a responsábel do seguimento, promoción e avaliación do certificado. Ademais, A Mesa conta co apoio da Consellaría de Innovación e Industria do Goberno galego.



Mais info: http://www.amesanl.org/



miércoles, 1 de abril de 2009

A CENTRAL ZENTOLA COMEZA O HORARIO DE VERÁN 09











Despois de servir a temporada de vrao (como dí "verán" un caurelao que se esta a faguer forte nunha esquina das oficinas centrais zentolas) os integrantes do equipo REI ZENTOLO (RZ) están a comezar o período de horario intensivo de mañán.
Dende a Dirección RZ envióuse unha circular aos empregados para que empregaran o seu tempo liberado a traballos pola comunidade, convocatoria que se está a seguir de xeito modélico.
Neste senso referenciamos as actividades de voluntariado como monitores de ocio que, de xeito recíproco, estan a levar a cabo David, de RZ Arousa, e Salva, RZ CEO, nas praias do corazón das Rías Baixas.